viernes 13 de enero de 2012

PARTICIPACIÓN CIDADÁN PARA ELECCIÓN DAS NOVAS RÚAS DE BUEU

A semana que ven na comisión informativa de cultura e patrimonio se debatirá a colocación dos nomes a varias rúas e espacios públicos en Bueu. Creo que a cidadanía ten que falar, e as redes sociais son un instrumento áxil e rápido para mostrar o noso parecer. A miña intención é recoller tódalas inquedanzas que poidades mostrar sobre este tema e levalas a comisión para que se teñan en conta. Por iso os pediría participación. Podedes mandarme a través de privado ou o correo josecastro@concellodebueu.org o que pensades sobre a proposta do concello para os nomes e SOBRE TODO IDEAS QUE TEÑADES SOBRE O PARTICULAR. Unha aperta e espero as vosas opinións. Vos deixo o esquema da proposta do equipo de goberno:

ESQUEMA PROPOSTA CONCELLO NOME DE RÚAS:
1. Calle de As Lagoas que une Eduardo Vincenti y la prolongación de Johán Carballeira José María Estévez.

2. Prácticamente en paralelo a esta calle discurre otra de sentido único, que comunica O Santán y Johán Carballeira tres opcións:
a. Pintor Solla,
b. Antropólogo sueco Staffan Mörling
c. artista Urbano Lugrís.

3. En el caso de que se eligiese alguno de los dos primeros, el de Lugrís se podría reservar para dar nombre al conjunto de los nuevos jardines de As Lagoas.

4. Calles del poligono industrial de Castiñeiras dos alternativas:

a. nomenclatura basada en oficios (carpinteros, mecánicos...)
b. pasa por recuperar topónimos tradicionales del entorno, como Morouzos.

5. transversal que une Rosalía de Castro y Alexandre Bóveda rúa Caripa

6. Plaza pública que se levanta en Pescadoira, en los terrenos de la antigua conservera de Alonso Praza das Conserveiras

viernes 28 de octubre de 2011

LAMENTABLE ESTADO DAS ZONAS VERDES NAS LAGOAS E OS PIÓNS TRANSITANDO POLO MEDIO DA RÚA

















Quero mostrar o meu pesar polo estado no que se atopan as zonas verdes da Estacada e as Lagoas.

Se obtou pola empresa constructora por unha sembra a presa e correndo, pensando máis en favorecer a inauguración da urbanización en pleno proceso electoral, e a pesares de que nós xa criticamos no seu momento o resultado final, co paso de poucos meses nos podemos percatar da ‘chapuza’ con maiúsculas que resultou finalmente.

Nin espazos verdes armónicos, nin lugares onde poder desfrutar do sol ou da sombra, nin sendas que te axuden a esquencer que estás no centro da vila, nin pulmón verde do pobo … nada de nada  de nada. Realmente trátase dun pegote, sen coidar, cheo de malas herbas que o único que ofrece son gañas de alonxarte del. Inclusive as matogueiras invaden as beirarrúas.

É decir, sempre se pensou que a urbanización das Lagoas sería señeira en canto a integración de zonas verdes cunha edificación equilibrada, e orgullo de tódol@ veciñ@s de Bueu; e o final nos atopamos cunha desfeita sen coidar, propia de urbanizacións abandonadas polos extrarradios das cidades.

O peor é a desidia existente dende o concello por paliar esta circunstancia e denunciar a empresa, obrigándolle a ter en condicións unha área que a día de hoxe máis alá de ser a envexa dos nosos veciños, pode ser froito da mofa.

Así como a moit@s veciñ@s do rural e do casco urbano se lle pide que limpen as súas testeiras e teñan en condicións as súas parcelas, o alcalde e concelleiros delegados teñen que esixirlle os responsables da empresa constructora que manteña en condicións as súas zonas verdes.





Finalmente, tamén voltar a denunciar (xa o fixemos ó remate da actuación)  o feito de que é imposible transitar a pe o longo da nova rúa que desenvoca en Ramón Bares e ten na metade do seu percorrido unha rotonda. Neste caso trátase dunha competencia municipal o remate das beirarrúas, pero non hai visos de que se vaia a acometer a obra de forma urxente. Isto obriga os pións a compartir cos automóviles a estrada co perigo que isto supón. Durante o tempo de seca, facendo filigranas @s veciñ@s podían transitar por enrriba da terra a carón do firme, pero coa chegada da auga a terra se convertiu en barro ou terra húmida facendo imposible que se poda ‘trampear’ un camiño seguro; cuestión ésta totalmente utópica se transitas cun carrito ou nunha silla de rodas.

Todas estas circunstancias acaecen a raíz das ansias de inauguración pre-electoral por parte do noso alcalde, que por colgarse medallas non lle importou abrir viais que nin están rematados, nin dan o servizo que deberían na súa totalidade. Pero como dixen e repito, algún neste pobo teñen ‘bula papal’ para todo.

LLe pedimos encarecidamente os nosos gobernantes que nos permitan sentirnos orgullosos do entorno das Lagoas e fagan o posible para mellorar o aspecto e estado dunhas instalación que deixan moito que desexar.

viernes 21 de octubre de 2011

A estrada da Ramorta non é segura


Este é o texto íntegro que someteremos a aprobación  por parte dos membros da corporación na seguinte sesión plenaria.

Despois de escoitar as queixas e peticións de vari@s veciñ@s da zona da Ramorta e entendendo da idoneidade dos seus requerimentos, presentamos ante a corporación unha moción de petición á Deputación de Pontevedra, como propietario da estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’, de colocación de badéns e melloras na sinalización vertical e horizontal nas zonas próximas ó nucleo poboacional que non desfrutan de beirarúas, así como nos aledaños da Casa da Música ‘Don Manuel Omil’.

Ó parecer se trata dunha promesa do Presidente da Deputación, o Sr. Louzán que quedou sen levar a cabo e dende o partido socialista de Bueu entendemos que se trata dunha actuación que redundaría na seguridade de tódol@s veciñ@s do entorno, así como n@s números@s viandantes que utilizan o citado vial para achegarse a zona deportiva-educativa, a Igrexa de San Martiño e inclusive o cemiterio.

O feito da non consecución de beirarrúas, da inexistencia dunha sinalización adecuada e a falla de badéns que obriguen a reducir a velocidade, posibilita que en numerosas ocasións tanto veciñ@s coma viandantes corran serio perigo ó transitaren polo vial provincial.

A todo isto debemos engadirlle o aumento do fluxo de peóns grazas a apertura da casa de música que multiplica os casos de perigosidade na zona.



Por todo o exposto poñemos á consideración do pleno as seguintes propostas de acordo:

-          instar á Deputación Provincial a creación de badéns na estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’.
-          instar á Deputación Provincial a mellora na sinalización horizontal e vertical da estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’.


JOSÉ M. CASTRO DOPAZO                    

sábado 10 de septiembre de 2011

EN MEIRO SEN AUGA NA FONTE E NO LAVADOIRO, PASAN OS DÍAS E O ALCALDE NON RESPONDE AS PREGUNTAS ¡¡¡




O PSdeG-PSOE de Bueu, ante a preocupante situación que se está a dar na aldea de Meiro quere mostar a súa preocupación pola rémora no servizo dunha fonte que está operativa para a aldea dende fai máis de 100 anos.
Dende hai aproximadamente tres meses a FONTE DO OUTEIRO , onde ademais da fonte existe un lavadeiro de uso público, foi perdendo caudal de agua progresivamente ata  que secou totalmente, do mismo modo tamén se miraron afectados varios pozos de uso particular.
            Neste primeiro pleno despois das vacacións celebrado o pasado luns, preguntei como voceiro do grupo socialista no turno de rogos e preguntas sobre este particular. Primeiramente en relación coas actuacións que se deron para tentar solucionar o problema, e en segundo lugar polas razóns que ocasionaron esta rémora no servizo; pero o alcalde de maneira incompresible e absolutista non contesta as preguntas no mismo pleno se non que o fai por escrito no pleno seguinte (noutras ocasións se saltou esa norma e respostou no mesmo pleno como viñan facendo as anteriores corporacións), impedindo que niño o nosos grupo e os vecinos da aldea teñan información deprimeira man sobre o particular feita de forma pública. Ou é que interésalle ó alcalde solventar en privado asuntos que afectan a TODA A ALDEA DE MEIRO?
            Este partido pensa que este tema é moi preocupante e de calado como para esperar o seguinte pleno dado que estamos a falar dunha fonte e lavadero publico moi usado polos veciños , tanto pola calidade da auga como a situación céntrica do lavadoiro , pero ademais esta fonte serve para regadío das fincas dos vecinos cercanas á fonte.
            Instamos ó Sr. Alcalde a que non se acabe de golpe e porrazo como mínimo con cento once anos de historia desta fonte , non permita que as fincas dos vecinos pasen de regadío a secano , non podendo regar as súas plantacións de hortalizas .
            Pois ven este partido a través do seu voceiro vai a solicitar que se tomen as seguintes medidas.
1.     Solicitar unha xunta de voceiros de todos os grupos , onde se nos explique os pasos levados a cabo ata o de agora.
2.     Solicitar a apertura dunha investigación seria e rigurosa sobre as causas da falta de agua , se e que non se fixo .
3.     Se as causas da falta da agua no son por caprichos da natureza , instámolo a que tome medidas rotundas no senso de devolver a agua a fonte dun xeito urxente. 

martes 19 de julio de 2011

Patrañas e máis patrañas


Lamentable¡¡¡ espero que a cidadanía non se fíe das promesas do equipo de goberno, pois para mostra un botón, se collemos a noticia que sae hoxe na prensa http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/07/19/gobierno-bueu-preve-llevar-presupuestos-pleno-septiembre/564311.html  e  a comparamos con outra de fai un ano http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/08/14/presupuestos-2010-rozaran-seis-millones-llevaran-pleno-septiembre/463882.html   temos un claro exemplo do engano e o fume que lle gosta vender o alcalde e o BNG en relación con este tema. Cal debemos creer? A do ano pasado? Cando aínda estamos cos orzamentos do 2009 a pesares de ter un goberno en maioría dende 2007, ou a de este ano? Ou será que antes o concelleiro de Facenda (O sr. Alcalde) era menos eficaz que o actual sr. Cuervo? … patrañas .. o que interesa nun goberno con 6, 9 ou con 12 e que os orzamentos estén actualizados, porque deste xeito se facilitará a consecución dunha boa saúde financieira no concello, entre outras cousas porque as cantidades que se vinculan con inversión so poden levarse a cabo no ano en curso, é decir, se hai unha inversión proxectada nos orzamentos do 2009 e quedou sen facerse efectiva  … non se pode  utilizar no 2010 ou 2011 cos orzamentos prorrogados, pois so é operativa no ano en curso. Pero claro isto non vende, esto non é populista como poden ser 30 recheos a presa e correndo. Nen bargantes é vital para que o noso concello esté equilibrado dende o punto de vista orzamentario.

Empezou o goberno do BNG soltando a bomba das 5 adicacións e algunha posible máis, e o seguinte será a subida nos impostos e taxas, xa vos aviso … veredes como se camuflará  con palabras como actualizacións e revisións pero o feito é que redundarán no bolsillo de tod@s. Isto é unha estratexia totalmente planificada polo alcalde e o BNG, largar o principio da lexislatura todas estas bombas para que a xente se esquenza ó longo dos 4 anos. Se non tempo o tempo, serei o primeiro públicamente en retractarme das miñas declaracións pero veredes como ides a notar unha subida en taxas e impostos cedo, moi cedo.

sábado 9 de julio de 2011

AS 'IN'COMPETENCIAS POLÍTICAS E O PADECEMENTO D@S NEN@S DE CELA

Educación cambiará la caldera de A Torre solo "si es necesario" y culpa al Concello La jefatura territorial achaca los problemas

Podedes leer a nota íntegra da consellería aquí:
http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/07/09/educacion-cambiara-caldera-torre-necesario-culpa-concello/561758.html

Hoxe me desperto con esta nota de prensa e a verdade que o primeiro que se me ven a cabeza é que mal o facemos @s polític@s, e canto teñen que cambiar as cousas ¡¡¡

A palabra 'competencias' é unha das grandes inimigas da cidadanía. É a palabra usada por uns para botarlle a culpa os outros, e tamén a que se utiliza por parte de outros para evadir responsabilidades. O resultado que @s nen@s de Cela seguirán padecendo aquilo que eu xa denunciei o 21 de outubro do 2010 (http://castropsoebueu.blogspot.com/2010/10/o-colexio-torre-de-cela-o-grande.html).

Conselleir@s, alcalde .... ¡que máis da as competencias¡¡¡ ... o importante son @s nen@s ¡¡¡ está claro que as dúas administracións son culpables da situación, non so da caldeira senon de conxunto centro. Pero unha vez que non cumpliron co que tiñan que facer, esquenzanse das competencias e canto antes acometan as obras ... pois son de forza maior ... non estamos a falar dunha estrada, dun recheo ou dun muro ... estamos a falar de nen@s dende 3 anos ata 12 que van ter que sofrir no século 2011 unha situación tercermundista.

Existen fórmulas para solventar o atranco que vostedes mesmos de forma interesada expoñen, o atranco das 'competencias' ... en moitas ocasións se chega a firmas de convenios entre as dúas administracións para levar a cabo obras ... creo que este é un caso necesario e urxente ... deixen de darse labazadas e pensen n@s nen@s ... So é unha cuestión de dignidade política.

Por certo o que me parece xa irrisorio e lamentable é que a consellería do PP queira poñerse galóns sobre obras das cales nin 'pinchou nin cortou' coma a do CEIP a PEDRA ... obra que a consellería socialista do bipartito deixou a totalidade orzamentaria consiganada así como o proxecto rematado e aprobado. O único que fixo o PP foi adxudicarlla a unha empresa case en baixa temeraria, o que veu despois é coñecido por tod@s, a empresa foi a quebra e se relantizaron o remate das obras.

Reitero e isto é o máis importante: SR. ALCALDE SR. CONSELLEIRO DEIXEN A UN LADO AS 'COMPETENCIAS' E SOLUCIONEN OS PROBLEMAS D@S NOS@S NEN@S XA ¡¡¡

martes 5 de julio de 2011

Juncal defiende como "razonable" los cinco sueldos y anuncia que podría haber más.

Onte no pleno creo que fun bastante claro. Dixen moito máis do que sae na prensa (como sempre). a) Unha pena que os plenos non sexan os sábados para que todo o pobo poida asistir en masa, como o día da investidura. b) Non creo que sexa o mellor momento para cargar ó pobo con 500.000 en soldos durante 4 anos, creo que eses cartos deberían ter outros destinos, como a loita contra o paro, ou accións sociais. c) dubido moito que polo feito de ter un soldo o servizo sexa mellor, non podemos esquencernos que os concelleiros na maioría dos casos so teñen q marcar unha liña a seguir, e son @s técnic@s @s que fan o traballo. d) me parece unha falla de respeto a tódol@s concelleir@s do pasado que se deixaron a pel e non tiveron ningún tipo de soldo. Hai un exemplo ebn claro, Andrés Lamosa os 4 anos anteriores pudo facer máis do que vai facer agora??antes non tiña soldo, agora vai telo, quere decir isto que andrés podría facer máis cousas das que fixo???o dubido moito. d)sinceiramente creo que os cartos foron os q acabaron de destrozar a política deste e de calquer país e mentras en tódolos sitios se empeza unha senda de austeridade e recortes en Bueu nos lanzamos a gastar 500.000 euros en soldos. f)o alcalde debería deixar claro q estes soldos están para satisfacer necesidades persoais dalgún/ha concelleir@ non para buscar un mellor funcionamento. Digo eu por exemplo é mellor concelleiro de urbanismo Martín que Millán??? g)pensar nun hipotético e nada claro mellor funcionamento non está demostrado, o que si é un feito é que GASTARÁ DOS CARTOS DE TOD@S MEDIO MILLÓN ED EUROS .. e fai uns meses cando presentamos unha moción para o parking no centro de saúde, se nos dixo que non habían 40.000€ para facer a obra.

lunes 23 de mayo de 2011

Carta aberta de José castro

De neno adoitaba a xogar soíño detrás do chaparral de sra. Lola preto da igrexa, lémbrome cando sr. Pepe mercoume a miña primeira bicicleta, era vermella e de rodas con cámaras brancas, ía e viña cheirando o solpor da tardiña e deixando atrás o bafo das marelas que levaban no seu carro ademais da herba fresca a Paco 'o cacheiras' (materife porcino de primeiras) e o meu amigo toni. Quen ben o pasaba creendo ser ciclista 'dos do tour' cada vez que traspasaba a liña divisoria entre A Bouza e Freixeiro¡. Pola noite, no balcón, ós pes da miña nai que tecíame uns xerseis moi coloridos, divisaba as luces  de Tomeza e Marcón ó lonxe, pensando que era Madrid. Podía botar horas e horas mirando aquelas luces, soñando que algún día chegaría o rei e me sentía super feliz.
Morrendo Marquiños, tocou cambiar de aires, deixar a brisa fresca e os amigos de corazón frío pero humilde e aterrar nunha vila maravillosa, chea de progreso (lémbrome canto tempo podía quedar abraiado mirando o escaparate da de Soliño, onde agora hai unha zapataría; revisar as bolsas de soldadiños do sr. Cajarrías ou memorizar as peliculas do cine avenida), con praia, e cun cheiro a mar que se che mete nas veas e te namora ó instante.
A soidade foi a miña mellor compañeira, nunca me deixaba so, me acompañaba nas inumerables voltas que daba, dende o Can do Penedo ata Pitis (máis alá era temerario para un neno de campo de apenas 9 anos), creo que sabía de memoría cando había cambio de discos na tenda diante do concello, ou se na nautica había ou non cebo bo .... Foron momentos moi duros, pero tamén foi cando empecei a escribir, alonxado no penedo e arroupado polas lendas da cova da Alondra deixaba que a miña pueril consciencia enchera de grafos e sentimentos folios dos de 70 gr. pois sempre fomos unha familia moi humilde.
Fai uns días estaba sentado no penedo, gonzalo con cámara en man estaba a piques de facerme unha foto para un especial do Faro....e nese preciso instante lembreime de sra.Lola, sr. Pepe e Marquiños (meus avós e irmán) ... parte do meu sentir, parte da miña esencia, parte da miña vida ... e pensei ... que lonxe quedaba todo e que pronto se pasan os anos ... ¡non me vai dar tempo a SER FELIZ!
Agora  ... na casa ... na miña casa ... sen Lola, sen Pepe, sen Marquiños, sen Silvino, sen mamá, sen papá, sen Rosa ... tremen os meus recordos e percátome de que ....
'Madrid xa non é misterio, en Mourente as silvas da miña vida e do chaparral están máis altas ca min, a vila do progreso ven de rexeitarme ... e eu SON REPUBLICANO'.

lunes 16 de mayo de 2011

PROPOSTAS PARA BON

Nosas actuacións básicas no toncante á aldea de bon, son:
- nova gardería en beluso para dar satisfación a gran demanda de prazas da parroquia e así posbilitar a conciliación a vida laboral e familiar d@s pais/nais.
- control de ocupación de espazos públicos a través da aprobación dun inventario de bens e camiños.
- mantemento dos camiños de pes e de carro para acceder as leiras.
- adecuación dos acesos e instalacións dos nosos areais.
Melloras na sinal do tdt.
- asegurar a retirada do lixo en ulgares de difícil aceso.
- ampliación do parque empresarial.
- posta en marcha de cooperativas de traballadores/as en paro que traballen leiras desatendidas e así acaden un rendemento económico que alivie a súa situación.
- remate dos servizos básicos: saneamento,pavimentado, alumeado e fundamentalmente abastecemento.

viernes 13 de mayo de 2011

Programa urbanismo sector da construcción

É necesario dinamizar o sector da construcción no noso pobo e na comarca. O ter una xeográfia costeira Bueu mírase máis afectado nesta área pois é un lugar idóneo para que as familias sitúen na nosa vila a súa segunda vivenda. Se a iso lle añadimos a afección das áreas metropolitanas de Vigo e Pontevedra é fácil observar como persoas doutros concellos escollen a nosa vila para vivir.
O paro rexistrado no sector é alarmante e o descenso do número de empresas moi preocupante, sobre todo tendo en conta que a influencia do sector da construcción nas vidas dos vecinos de Bueu está 7 puntos por enriba da media provincial e autonómica.
As medidas que o noso grupo propón para dinamizar o sector serán:
-         Dinamizar o sector favorecendo novas liñas de actuación como a rehabilitación de edificios (orzamentos en educación obras de mantemento …nova gardería de beluso- san amedio) + actividades de formación orientadas cara este tipo de actividades (escolas obradoiros).
-         Ampliación e dinamización do parque empresarial de castiñeiras (:
  • É necesario ampliar o chan industrial para evitar que as industrias estén espalladas pola comarca.
  • Somos uns privilexiados de ter un parque no noso concello, pero ademais da súa ampliación é necesario a súa dinamización:
    • Melloras nos acesos: (NÓS PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN PARA UNIR A VARIANTE QUE REMATA EN SEIXO CO PARQUE EMPRESARIAL QUE FOI REXEITADA POLO PP NA XUNTA)
    • Mellora nos servizos (alumeado, pavimentado, etc)


  • Regularizar a situación das empresas que traballan en precario.
Por outro lado está a aprobación do PXOM E A DINAMIZACIÓN DA ÁREA DE URBANISMO. Nós entendemos un urbanismo aberto, limpo, onde tod@s poidamos participar e non acabe sendo un área escura para a cidadanía.
É totalmente necesario a aprobación do PXOM e tamén defendemos o feito que tòdolos sectores afectados poidan opinar e debatir sobre esta proposta e outras similares (modificacións de ordenanzas, etc) GRAZAS A CONSTITUCIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DE URBANISMO, que servirá como foro de debate e toma de consideración das necesidades dos sectores.
Outra proposta clave para dinamizar a área de urbanismo é a CONTRATACIÓN PERMANENTE DE ASESOR URBANÍSTICO que axilice aqueles expedientes máis farragosos.

Os eixes fundamentais que defenderemos na redacción do PXOM SERÁN:
  1. DESARROLLO DOS NÚCLEOS RURAIS PARA A CREACIÓN DE ESPACIOS PÚBLICOS.
  2. MELLORAS NOS EQUIPAMENTOS URBANOS E DESENVOLVEMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL.
  3. Aprobar os Rexistros de Solares e Ordenanzas para a expropiación de edificacións ruinosas e solares que leven máis de dous anos en situación de abandono para promover a función social do urbanismo e evitar a degradación dos espazos públicos.