De neno adoitaba a xogar soíño detrás do chaparral de sra. Lola preto da igrexa, lémbrome cando sr. Pepe mercoume a miña primeira bicicleta, era vermella e de rodas con cámaras brancas, ía e viña cheirando o solpor da tardiña e deixando atrás o bafo das marelas que levaban no seu carro ademais da herba fresca a Paco 'o cacheiras' (materife porcino de primeiras) e o meu amigo toni. Quen ben o pasaba creendo ser ciclista 'dos do tour' cada vez que traspasaba a liña divisoria entre A Bouza e Freixeiro¡. Pola noite, no balcón, ós pes da miña nai que tecíame uns xerseis moi coloridos, divisaba as luces de Tomeza e Marcón ó lonxe, pensando que era Madrid. Podía botar horas e horas mirando aquelas luces, soñando que algún día chegaría o rei e me sentía super feliz.
Morrendo Marquiños, tocou cambiar de aires, deixar a brisa fresca e os amigos de corazón frío pero humilde e aterrar nunha vila maravillosa, chea de progreso (lémbrome canto tempo podía quedar abraiado mirando o escaparate da de Soliño, onde agora hai unha zapataría; revisar as bolsas de soldadiños do sr. Cajarrías ou memorizar as peliculas do cine avenida), con praia, e cun cheiro a mar que se che mete nas veas e te namora ó instante.
A soidade foi a miña mellor compañeira, nunca me deixaba so, me acompañaba nas inumerables voltas que daba, dende o Can do Penedo ata Pitis (máis alá era temerario para un neno de campo de apenas 9 anos), creo que sabía de memoría cando había cambio de discos na tenda diante do concello, ou se na nautica había ou non cebo bo .... Foron momentos moi duros, pero tamén foi cando empecei a escribir, alonxado no penedo e arroupado polas lendas da cova da Alondra deixaba que a miña pueril consciencia enchera de grafos e sentimentos folios dos de 70 gr. pois sempre fomos unha familia moi humilde.
Fai uns días estaba sentado no penedo, gonzalo con cámara en man estaba a piques de facerme unha foto para un especial do Faro....e nese preciso instante lembreime de sra.Lola, sr. Pepe e Marquiños (meus avós e irmán) ... parte do meu sentir, parte da miña esencia, parte da miña vida ... e pensei ... que lonxe quedaba todo e que pronto se pasan os anos ... ¡non me vai dar tempo a SER FELIZ!
Agora ... na casa ... na miña casa ... sen Lola, sen Pepe, sen Marquiños, sen Silvino, sen mamá, sen papá, sen Rosa ... tremen os meus recordos e percátome de que ....
'Madrid xa non é misterio, en Mourente as silvas da miña vida e do chaparral están máis altas ca min, a vila do progreso ven de rexeitarme ... e eu SON REPUBLICANO'.
Grande!!!!
ResponderSuprimirEres Mucho Jose,se fuerte que nunca te van a faltar apoios y con el tiempo (espero que no mas de cuatro años)se ponga el punto sobre la i.Si te sirve de consuelo para mi eres el Idonio,el mas Legal,el unico que va de cara y ante todo el unico que tratas a todos los vecinos por igual sin importar la Clase ni el Color.Y no hacen falta pruebas pues te di mi apoio y te lo doy sin importarme comentarios "RADICALES".Animo JOSE CASTRO nuestro Alcalde
ResponderSuprimirconmovedor señor castro,pero un politico cos seus resultados electorais o unico que pode facer e dimitir,e depaso leve a xente que foi na sua lista que se dedica a insultar a xente,consulteo e vera que non lle minto. DIMITA SEÑOR CASTRO!!
ResponderSuprimirSr Wyoming sabe cal é a contestación que lle da un cidadán de Bueu e membro da lista socialista?UN ESPAZO en blanco porque realmente non merece que se gaste nin un minuto en vostede porque non vamos entrar en ningún tipo de polémicas nin pense que con estes comentarios vai minar a moral do Sr e ante todo Persoa Jose Castro.E se quere polemizar teno vostede moi fácil,busquese outro recuncho.Boas noites.
ResponderSuprimirAsinado: Jonathan Bernárdez Barreiro (cidadán de Bueu que obtivo os mesmo resultados electorais que o sr Castro)
debe ser o mesmo minuto que gastou o pobo de bueu en ler as vosas propostas. vostede debe de pertenecer a esa lista que o luns estaba chamandolle cacique o alcalde x usar non sei que coche do grumir!! MENTIRA!!! antes de calumniar enterense das cousas,pero claro,cree o ladron que todos son da sua condicion. agora si, doulle a razon que non merece a pena gastar o tempo na figura do señor castro x que o pobo de bueu xa dictou sentencia. DIMITA SEÑOR CASTRO SI E QUE TEN DIGNIDADE POLITICA!!! un saudo !!
ResponderSuprimireu non vou entrar en polemicas soamente decir una cousa. Señor wyoming, se ten o que hay q ter, asi como para estar insultando e blasfemando en contra do partido socialista e os seus integrantes, o invito a que se IDENTIFIQUE asi como o estan facendo os meus compañeiros, un saudo
ResponderSuprimir