Lamentable¡¡¡ espero que a cidadanía non se fíe das promesas do equipo de goberno, pois para mostra un botón, se collemos a noticia que sae hoxe na prensa http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2011/07/19/gobierno-bueu-preve-llevar-presupuestos-pleno-septiembre/564311.html e a comparamos con outra de fai un ano http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2010/08/14/presupuestos-2010-rozaran-seis-millones-llevaran-pleno-septiembre/463882.html temos un claro exemplo do engano e o fume que lle gosta vender o alcalde e o BNG en relación con este tema. Cal debemos creer? A do ano pasado? Cando aínda estamos cos orzamentos do 2009 a pesares de ter un goberno en maioría dende 2007, ou a de este ano? Ou será que antes o concelleiro de Facenda (O sr. Alcalde) era menos eficaz que o actual sr. Cuervo? … patrañas .. o que interesa nun goberno con 6, 9 ou con 12 e que os orzamentos estén actualizados, porque deste xeito se facilitará a consecución dunha boa saúde financieira no concello, entre outras cousas porque as cantidades que se vinculan con inversión so poden levarse a cabo no ano en curso, é decir, se hai unha inversión proxectada nos orzamentos do 2009 e quedou sen facerse efectiva … non se pode utilizar no 2010 ou 2011 cos orzamentos prorrogados, pois so é operativa no ano en curso. Pero claro isto non vende, esto non é populista como poden ser 30 recheos a presa e correndo. Nen bargantes é vital para que o noso concello esté equilibrado dende o punto de vista orzamentario.
Empezou o goberno do BNG soltando a bomba das 5 adicacións e algunha posible máis, e o seguinte será a subida nos impostos e taxas, xa vos aviso … veredes como se camuflará con palabras como actualizacións e revisións pero o feito é que redundarán no bolsillo de tod@s. Isto é unha estratexia totalmente planificada polo alcalde e o BNG, largar o principio da lexislatura todas estas bombas para que a xente se esquenza ó longo dos 4 anos. Se non tempo o tempo, serei o primeiro públicamente en retractarme das miñas declaracións pero veredes como ides a notar unha subida en taxas e impostos cedo, moi cedo.
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada