O PSdeG-PSOE de Bueu, ante a preocupante situación que se está a dar na aldea de Meiro quere mostar a súa preocupación pola rémora no servizo dunha fonte que está operativa para a aldea dende fai máis de 100 anos.
Dende hai aproximadamente tres meses a FONTE DO OUTEIRO , onde ademais da fonte existe un lavadeiro de uso público, foi perdendo caudal de agua progresivamente ata que secou totalmente, do mismo modo tamén se miraron afectados varios pozos de uso particular.
Neste primeiro pleno despois das vacacións celebrado o pasado luns, preguntei como voceiro do grupo socialista no turno de rogos e preguntas sobre este particular. Primeiramente en relación coas actuacións que se deron para tentar solucionar o problema, e en segundo lugar polas razóns que ocasionaron esta rémora no servizo; pero o alcalde de maneira incompresible e absolutista non contesta as preguntas no mismo pleno se non que o fai por escrito no pleno seguinte (noutras ocasións se saltou esa norma e respostou no mesmo pleno como viñan facendo as anteriores corporacións), impedindo que niño o nosos grupo e os vecinos da aldea teñan información deprimeira man sobre o particular feita de forma pública. Ou é que interésalle ó alcalde solventar en privado asuntos que afectan a TODA A ALDEA DE MEIRO?
Este partido pensa que este tema é moi preocupante e de calado como para esperar o seguinte pleno dado que estamos a falar dunha fonte e lavadero publico moi usado polos veciños , tanto pola calidade da auga como a situación céntrica do lavadoiro , pero ademais esta fonte serve para regadío das fincas dos vecinos cercanas á fonte.
Instamos ó Sr. Alcalde a que non se acabe de golpe e porrazo como mínimo con cento once anos de historia desta fonte , non permita que as fincas dos vecinos pasen de regadío a secano , non podendo regar as súas plantacións de hortalizas .
Pois ven este partido a través do seu voceiro vai a solicitar que se tomen as seguintes medidas.
1. Solicitar unha xunta de voceiros de todos os grupos , onde se nos explique os pasos levados a cabo ata o de agora.
2. Solicitar a apertura dunha investigación seria e rigurosa sobre as causas da falta de agua , se e que non se fixo .
3. Se as causas da falta da agua no son por caprichos da natureza , instámolo a que tome medidas rotundas no senso de devolver a agua a fonte dun xeito urxente.

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada