Este é o texto íntegro que someteremos a aprobación por parte dos membros da corporación na seguinte sesión plenaria.
Despois de escoitar as queixas e peticións de vari@s veciñ@s da zona da Ramorta e entendendo da idoneidade dos seus requerimentos, presentamos ante a corporación unha moción de petición á Deputación de Pontevedra, como propietario da estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’, de colocación de badéns e melloras na sinalización vertical e horizontal nas zonas próximas ó nucleo poboacional que non desfrutan de beirarúas, así como nos aledaños da Casa da Música ‘Don Manuel Omil’.
Ó parecer se trata dunha promesa do Presidente da Deputación, o Sr. Louzán que quedou sen levar a cabo e dende o partido socialista de Bueu entendemos que se trata dunha actuación que redundaría na seguridade de tódol@s veciñ@s do entorno, así como n@s números@s viandantes que utilizan o citado vial para achegarse a zona deportiva-educativa, a Igrexa de San Martiño e inclusive o cemiterio.
O feito da non consecución de beirarrúas, da inexistencia dunha sinalización adecuada e a falla de badéns que obriguen a reducir a velocidade, posibilita que en numerosas ocasións tanto veciñ@s coma viandantes corran serio perigo ó transitaren polo vial provincial.
A todo isto debemos engadirlle o aumento do fluxo de peóns grazas a apertura da casa de música que multiplica os casos de perigosidade na zona.
Por todo o exposto poñemos á consideración do pleno as seguintes propostas de acordo:
- instar á Deputación Provincial a creación de badéns na estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’.
- instar á Deputación Provincial a mellora na sinalización horizontal e vertical da estrada PO-1303 tamén coñecida como ‘estrada da Portela – Carrasqueira’.
JOSÉ M. CASTRO DOPAZO
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada