
Quero mostrar o meu pesar polo estado no que se atopan as zonas verdes da Estacada e as Lagoas.
Se obtou pola empresa constructora por unha sembra a presa e correndo, pensando máis en favorecer a inauguración da urbanización en pleno proceso electoral, e a pesares de que nós xa criticamos no seu momento o resultado final, co paso de poucos meses nos podemos percatar da ‘chapuza’ con maiúsculas que resultou finalmente.
Nin espazos verdes armónicos, nin lugares onde poder desfrutar do sol ou da sombra, nin sendas que te axuden a esquencer que estás no centro da vila, nin pulmón verde do pobo … nada de nada de nada. Realmente trátase dun pegote, sen coidar, cheo de malas herbas que o único que ofrece son gañas de alonxarte del. Inclusive as matogueiras invaden as beirarrúas.
É decir, sempre se pensou que a urbanización das Lagoas sería señeira en canto a integración de zonas verdes cunha edificación equilibrada, e orgullo de tódol@ veciñ@s de Bueu; e o final nos atopamos cunha desfeita sen coidar, propia de urbanizacións abandonadas polos extrarradios das cidades.
O peor é a desidia existente dende o concello por paliar esta circunstancia e denunciar a empresa, obrigándolle a ter en condicións unha área que a día de hoxe máis alá de ser a envexa dos nosos veciños, pode ser froito da mofa.
Así como a moit@s veciñ@s do rural e do casco urbano se lle pide que limpen as súas testeiras e teñan en condicións as súas parcelas, o alcalde e concelleiros delegados teñen que esixirlle os responsables da empresa constructora que manteña en condicións as súas zonas verdes.
Finalmente, tamén voltar a denunciar (xa o fixemos ó remate da actuación) o feito de que é imposible transitar a pe o longo da nova rúa que desenvoca en Ramón Bares e ten na metade do seu percorrido unha rotonda. Neste caso trátase dunha competencia municipal o remate das beirarrúas, pero non hai visos de que se vaia a acometer a obra de forma urxente. Isto obriga os pións a compartir cos automóviles a estrada co perigo que isto supón. Durante o tempo de seca, facendo filigranas @s veciñ@s podían transitar por enrriba da terra a carón do firme, pero coa chegada da auga a terra se convertiu en barro ou terra húmida facendo imposible que se poda ‘trampear’ un camiño seguro; cuestión ésta totalmente utópica se transitas cun carrito ou nunha silla de rodas.
Todas estas circunstancias acaecen a raíz das ansias de inauguración pre-electoral por parte do noso alcalde, que por colgarse medallas non lle importou abrir viais que nin están rematados, nin dan o servizo que deberían na súa totalidade. Pero como dixen e repito, algún neste pobo teñen ‘bula papal’ para todo.
LLe pedimos encarecidamente os nosos gobernantes que nos permitan sentirnos orgullosos do entorno das Lagoas e fagan o posible para mellorar o aspecto e estado dunhas instalación que deixan moito que desexar.



No es para comentar el artículo de arriba. El enlace que me mandaste no me dejó leerlo, pero no sé si te referirás a una información sobre Lucas Papademos, Mario Draghi y el banco Goldman Sachs. Lo recibí unos minutos después de leer tu enlace.
ResponderSuprimir